15 jun 2008

Os cenetistas de antes e os de agora.

Na foto: Familiares dos cenetistas coruñeses na lembranza do Portiño.
.
No portiño como en tantos outros lugares, cenetistas de antes e de agora xuntamonos para dicer que houbo, hai e haberá un Ideal emancipador. Sempre, e desde o primeiro día e desde o exilio foron os cenetistas portadores da Memoria. Escribironse libros, recuperaronse biografías, material gráfico e escrito da xenta que pola lei da natureza hoxe non están entre nós.
Nos 70 e tras morrer o Dictador foron milleiros os traballos,cadernos e libros onde os cenetistas falaron daquela obra colectiva. Moitas veces lle puxeron nome de anarquistas famosos e outras a través de experiencias persoais, intentaron explicarnos o Ideal e o ambente que se movía no mundo libertario e anarcosindicalista. Ainda así casi todo e casique todos quedaron no anonimato. Algúns compañeiros continúan no traballo de recuperación e participan en cantos foros se fala do anarcosindicalismo ibérico.
Agora os apoltronados do poder, politicos que xogan moitas veces con sentimentos dos familares, aproveitanse de actos populares e de organismos de base para soltar o seu discurso politicamente correcto da defensa de Democracia actual. Xogan desde unha apariencia de Progresismo moderno (subvención incluída) a facernos crer, que baixo o "manto do republicano" todos andabamos a loitar polo mesmo: Patronos e obreiros, ateos e cregos, politicos e anarquistas. E nós temos que ser respetuosos sí, coas ideas dos outros, pero ser respetuosos obriga selo primeiro coa verdade e a nosa propria Historia. E como non debemos deixar que outros escriban e digna por nós. Non queda outra que estar e non calar. Dicer ben claro que foron e que son esas Ideas. E non amigos, non, nos non falamos de Historia, falamos de Presente e de Futuro. Serán outros quen garden as Ideas nos Museos. Nós queremos as rúas, as fabricas, os campos. Nós queremos a vida.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Si Señor. Da gusto oir hablar así.
Salud Compañeros.