29 jun 2008

Paixon e loita...mentras descansamos...





Como non queremos deixar ós nosos amigos lectores sen nada pra ler, e como tamén temos dereito a descansar, agora que veñen as calores, imos parar durante un par de semaniñas de publicar novas nesta páxina. E como as cousas están para casualidades, andabamos a procura dun video en youtube para os preguizeiros da lectura. E vai, e cheganos dun compañeiro e forofo deste blog, unha pequen reportaxe (8 m.) falando do sindicato da CNT de Compostela. Bon traballo compas.

Outras bitacoras amigas farán o traballo que nós imos cambiar por días de preguiza.¡Qué carallo!.

Aquí van as nosas favoritas do mundo mundial. Non deixedes de velas todas, De seguro que levades algunha sorpresa.


Por terras de Caracas, El Libertario, se está a converter nun referente para o anarquismo americano de lingua española. Outra páxina en moitas linguas pero con moita referencia a Latinoamerica é anarkismo.net e a Red Libertaria de Buenos Aires que intenta agrupar a todas as organizacións arxentinas.


Outra que ven de nacer recentemente é a dos irmans portugueses da AIT cos que deberemos tentar ampliar os nosos lazos para relanzar o anarcosindicalismo nese país.


A CNT ten aberto nestes ultimos tempos medio cento de páxinas de sindicatos, fundacións e publicacións. Non queremos nomear todas. Para eso tedes o directorio confederal. Pero algunhas ofertan o mellorciño do mundo editorial para comprar por internet: La malatesta. E por suposto a enciclopedia do anarquismo dos compañeiros de Gasteiz, ou La Alcarria Obrera, quen queira coñecer máis da nos Historia.


Se falades catalán na intimidade, ou cando menos presumides de saber facelo: El Pesol Negre. Todo un exemplo de publicación ben feita.




No hay comentarios: