1 jul 2008

Resultados da enquisa en Betanzos Libertario.



Pechamos duas enquisas e abrimos unha nova. Agora xa sabemos a procedencia xeográfica dos nosos lectores, ou cando menos dos máis activos visitantes do noso blog.
Así 13 respostas (6%) foron para xente doustros paises, 56 (29%) para xente doutros lugares da peninsula; 82 (43%) para paisanos de outros lugares de Galicia e 38 (20%) para veciños de Betanzos e arredores. Como o blog está pensando para galegos, sorprendeunos gratamente tanta visita de lugares onde non se fala galego (agás sexan xente do país facendo mundo que tamen pode ser). Pero onde pensamos que teremos obriga de chegar a máis xente é na terriña pois eses 38 betanceiros que nos visitan queremos engadirlle un cero máis.
En canto a afiliación sindical 105 respostaron que son da CNT (59%) pero como nos queriamos chegar á xente non afín, pareceunos magnifico que xente de outros sindicatos(CCOO,UGT,CIG...) tamén visiten unha páxina anarcosindicalista (32 persoas - un 16%), así como como outros 39 ( 22%) que din non estar afiliados a sindicato algún.
Agora abrimos outra enquisa. Queremos comprobar se imos engadindo xente nova, ou este blog xa chegou ó seu teito. No 2009 comentaremos.


No hay comentarios: