Moitos sindicatos neste país enchen as súas páxinas de resultados electoráis. Temos tantos delegados, aumentamos un tanto por cento, nos consolidamos como forza maioritaria.... Así falan os defensores do parlamentarismo sindical. Nós mentras tanto creamos Organización Obreira, pouquiño a pouco en Betanzos cos novos compañeiros que se achegaron esta semana, e con ilusión e forza noutros lugares.
Non paran de chegar novas:
Os compañeiros do SIEGA en Compostela, continuan a medrar e loitar para acabar coa subcontratación na empresa pública.
Os compañeiros da Universidade de Vigo e a nova Sección Sindical sacan unha nova páxina para espallar a CNT entre os traballadores.
Os compañeiros das contratas de desbroce de montes en Cerdedo non van deixar que lles chuleen.
O diario máis leído de España - Marca-verá unha folga da CNT porque detrás de Raul e Ronaldinho tamén hai quen pide dereitos.
Os compañeiros de Metal veñen de sacar un video sobre a actividade diaria dos militantes cenetistas.
Os compañeiros da recollida de lixo van montar unha manifestación en Pilar de la Horadada con apoio de toda a CNT que van facer temblar aos politiquillos irresponsabeis dese concello. Vamos, que non se para.
E para quen pense que entrariamos polo aro das eleccións e das subvención. Ahí queda ese cartel. Non necesitamos cambialo aindan que pasen outros 25 anos. Berramos con moita alegría e lles decimos NON.
Aquí estamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario