15 nov. 2008

A CNT presentouse en Betanzos


O Venres 14 de Novembro de 2008 dimos o primeiro paso. Agora quedanos moito por facer. Namentres non teñamos as fotos pra publicalas aquí. Vos deixamos as palabras de presentación:
...
Boas tardes a todos e todas. Saude Compañeiros.
Gracias por estar hoxe eiquí, na presentación pública de Confederación Nacional do Traballo en Betanzos. Despois de máis de 70 anos…. Cando en 1936 unha sublevación militar e fascista viñera a poñer un largo parentisis para unha Organización Obreira como foi a CNT cunha larga tradición nesta vila.
-A moitos podelles parecer estraño… que unha Organización Sindical faga coincidir o seu acto de presntación con outra presentación dun libro de Historia. Non e casual. Esta coincidencia é para nós froito de todo un contido simbolico. Falamo do pasado porque a CNT non é unha alternativa nova ou de recente creación. A CNT ten moita historia detrás. Ese pasado, esa Memoria que recollemos nesta Enciclopedia do anarquismo, está estreitamente ligada co noso presente, porque nós queremos ser continuadores e imitadores desa xente, anonima case toda, que formaron as sociedades Obreiras de Organización máis grande e mellor Organizada que tivo nunca o proletariado hispano.
-En Betanzos cos seus 350 afiliados… Na comarca cos seus 800. A CNT foi sen dubida quen mais fixo polos traballadores . Tamén foi quen pagou en mayor medida a represión dos anos escuros da decada dos 30 e 40.
-Traballos como os do compañeiro Eliseo, obras como esta enciclopedia de Miguel Iñiguez, ou no ambito local os traballos de Suso Torres sobre os feitos e os nomes dos cenetistas betanceiros, tentan sacar do anonimato a eses homes , a esas mulleres que pagaron as veces coa morte, toda unha vida de loita e de Ideais.
Pero ainda hoxe, 33 anos despois da morte do Dictador. Continuase a misturar politicos con Obreiros, Catolicos con Ateos, republicanos con anarquistas. Cando todo parece que foi cousa de catro avanzados da epoca. Hoxe continuamos a ter no olvido a quen foi maximo exponente daquelas ideas de transformación social. O POBO TRABALLADOR. Para eles, Non hai ruas nen prazas, nen días da Galiza martir. E ten que ser a CNT, quen teña novamente que recuperar a Dignidade de aqueles homes, que non morreron non por esta Democracia , nin por estas libertades, como nos queren facer ver desde as Institucións. Deron a súa vida por algo que os politicos de hoxe e de sempre non entenden nin entenderán.e Haberá que inventar un e mil veces unha Organización como a CNT. E neso estamos.
Que difícil sera imitar a eses homes…. Ter a bondade que tiña Pepe Merlán cando nos falaba das escolas obreritas. Onde tiñan un laboratio de Quimica, e que as autoridades da Toga e as SOTANAS confundian con fabricas de bombas.
Que dificil seguir os pasos dos Jose Villaverde, da Familia Montes, dos Talache, dos Figueroa. Canto aprendimos deles. Desa xeneración hoxe desaparecida.
O Mellor temos aquí a familiares de Jesús Lavandeira (o Ladrillo) de Jose Sanchez Matas (O Pintavacas), de Jose Fernandez (O Callobrés) e de tantos cenetistas betanceiros.
Que difícil vai ser dar este paso. Que alegría levaría Juan Romero da Construcción se hoxe pondera verme aquí seguindo os pasos de Ricardo Mella, escoitando falar de anarquismo libertario.
Hoxe nunha sociedade “mojigata”,individualista e burguesa.
E si anarquistas fornon quen fundaron as Sociedades Obreiras, anarquistas seremos que levantemos de novo esta casa para toda canta loita social e laboral vivamos neste seculo XXI que alguns cren moi moderno, e que no basico pouco se diferencia do pasado.
Quen vos fala, non é nin un orador profesional, nin un politico . Son un traballador que de igual maneira que todos os que formamos a CNT, non queremos liberarnos do traballo para vivir do conto e da politiquería. Queremos seguir sendo traballadores, e ter traballo, e decidir po nós mesmos os nosos problemas.
Rexeitamos aos mesías, aos dos partidos politicos que nos piden o voto para que todo siga igual, as das relixiones que nos piden mansedumbre esperando o cielo eterno. Queremos ese paraíso, aquí e agora. E para iso non hai máis que un formula. ORGANIZACIÓN, BRAZO E CEREBRO.

Compañeiros.

A CNT non aparece da nada. En 1977 legalizase tras a morte de Franco e nace con forza pero non era o tempo para ideas emancipadoras. Os profetas da Democracia e da Modernidade dixeron que cunha politica Social demócrata era suficente para acadar o benestar. E así o desencanto e a desmovilización foron o resultado de encher a barriga duns poucos. O sindicalismo decian ten que ser pactista e non revolucionario. E así hoxe temos menos afiliación sindical que nunca pero milleiros de burócratas desde fora do mundo do traballo nos falan igual que si de partidos se tratase. Ti vota e cala, nos dicen. Así nos vai.
Pero o anarcosindicalimo lonxe de estar morto como quiseran alguns, reaparece de novo na escea sindical para devolverlle aos traballadores unha ferramenta de loita onde o protagonismo será a solidariedade e a acción direca sen intermediarios. E Os protagonistas os traballadores mesmos.
Empezamos poucos pero seguros de tirar deste carro. Así compañeiros de Abegondo, Oza, Coirós, Pederne e Betanzos constituieremos o punto de lanzamento da CNT na Comarca.
A CNT aparece de novo en Betanzos para sumarnos o traballo feito polos nosos compañeiros de Coruña, Ferrol,Lugo,Compostela, Vigo……Para facer unha Confederación grande, unida, coas ideas claras de cara onde camiñar. Que equivocados estaban os que nos deixaban no 36. Temos moita corda por diante e imolo demostrar.
Hoxe e a pesar de non ser admitir os Comités de Empresa e as eleccións sindicáis. De non recibir nin querer subvención estatal que nos ate. A CNT está demostrando a sua capacide de loita, e de que é sobre todo, unha ferramenta util. Ven de ter o conflicito laboral máis duradero da Democaracia. A folga máis larga : Mercadona . Está sendo participe das loitas obreiras máis decididas como a da Limpeza do Metro de Madrid. A da Construcción en Cantabria, Jardineros en Barcelona, Da recollida de Lixo en Alicante, dos subcontratados da Xunta de Galicia en Compostela.
Estase batallando en todos os sectores. Cos desempregados e cos inmigrantes. Tanto se teñen ou non papeis . A clase Obreira non debe ter nen fronteiras nen linguas que as separen.

* A CNT presentase hoxe aquí, non para pedir un voto.
* Non para ser unhas siglas máis. Queremos ser al/go máis que un sindicato .Queremos a transformación radical desta sociedade.
* Queremos un movemeto Obreiro sen ataduras.
* Non Queremos ser Memoria Historica , senon Memoria viva.

¡¡ Esto está empezando a cambiar e nos non imos quedar atrás.!!
Compañeiros. Moitas Gracias por estar aquí.
¡¡Viva a Confederación Nacional do Traballo.!!



3 comentarios:

Diego dijo...

Negras tormentas agitan los aires,
nubes oscuras nos impiden ver,
aunque nos espere el dolor y la muerte,
contra el enemigo nos llama el deber.
El bien más preciado es la libertad.
hay que defenderla con fe y con valor.
Alza la bandera revolucionaria,
que del triunfo sin cesar nos lleva en pos.
Alza la bandera revolucionaria,
que del triunfo sin cesar nos lleva en pos.
¡En pie pueblo obrero, a la batalla!
¡Hay que derrocar a la reacción!
¡A las barricadas! ¡A las barricadas
por el triunfo de la Confederación!
¡A las barricadas! ¡A las barricadas
por el triunfo de la Confederación!

Un saludo ácrata, camaradas!

juan dijo...

Salud compañerxs!

Soy Juan, de la CNT de Jaén. Os mandamos un abrazo libertario desde el sur!

Anónimo dijo...

Salud compañeros desde el sindicato de enseñanza de Madrid.

Os saluda,
César

"Al Estado no se le discute, sólo se le destruye"

Un abrazo libertario.