De esquerda a dereita: Alvaro, Eliseo,Suso e Miguel.
Non é cousa facil en Betanzos facer un acto público. Sabiamolo e ainda así decidimos facelo. Queriamos demostrarlles ós outros que podiamos.Tamén necesitabamos demostrarnolo a nós mesmos. Sabendo como sabemos que empezamos poucos. Agora algúns que por medo ou a saber porqué, non apareceron a pesar de contar con eles, e que outros inesperados xa nos pediron contacto, agora non queda máis que darlles as gracias aos quen sen compartir as nosas ideas, foron dignos participes dunha data moi importante para nós.
Estamos seguros que medraremos e algún día esta sala quedará pequena. O noso paso seguinte será ter un local de referencia na vila e cando veñan os conflictos laboráis teremos que ser exemplo para os que agora aindan nos miran con indiferencia.
Esto non fixo máis que empezar. Agora ven o traballo do día a día. Saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario