22 nov 2008

Lucio Urtubia


Falamos con Lucio Urtubia que estivo esta semana en varias localidades galegas presentandonos o libro e a pelicula que recolle a súa vida. Hai quen pensa que estos tipos son xente altiva e engreída. Lucio é todo o contrario. Parece que estas a falar cun paisano, cun veciño e cando daste conta, acabas de escoitar unha vida chea de paixóns e Ideáis.

- Saude Compañeiro, somos da CNT de Betanzos, unha vila pequena.
- Ah Betanzos. Que vai ser pequena.
- Pra o ano quedas invitado.
- Gracias. Estarei encantado.
- ¿Que tal foi a xira por Galicia?
-Estou encantado. Onte na Coruña foi impresionante. E os dias anteriores en Pontevedra e Santiago. Moita xente nova. Eu creo que son tempos para as nosas Ideas.
- ¿De verdade o pensas?
-Sí. Sí. Quen ía decir hai algúns anos que estariamos medrando tanto. E agora teño que ir ao Pais Vasco onde cada vez hai máis anarquistas, e na miña terra, Navarra, tan catolica, igual.
- Vai a empezar o acto. Ves aquí no local da CNT de Ferrol tamén vas ter moito auditorio.
- Da gusto ver un local así. Pra que logo digan que non sabemos. Mira ti canto traballo hai aquí.
- Eu sempre digo que o traballo e a propaganda foron e serán as nosas armas.
- Pero tes que estar cansado con tanto viaxe. (Ven de estar un mes en America Latina)
- Teño 77 anos. Estou vivo porque ademáis de comer e durmir, que eso o fai calquera, teño Ideais. Sen iso non se pode vivir.
-Gracias Lucio.

Imos empezar, a xente non cabe e queda de pé ou sentada no chan.


-

No hay comentarios: