Acaba o ano, e queremos facer unha mirada do que foi "Betanzos Libertario". Agora xa non podemos decir que estamos a facer experimentos porque hai xa moitos minutos e experiencias. Como non queriamos quedar nunha cousa local, porque todos temos inquedanzas universáis, seguimos a poñer todo aquelo que nos parece importante para as ideas e para a construcción desta casa que chamamos "CONFEDERACION". Para ver todas as novas de conflictos xa está a páxina da CNT, ou a dos sindicatos da Galaica. Pero esta, quería ter vida de seu, e falar como nos gusta, ser pedagoxica, optimista e retranqueira. Como somos os libertarios das Mariñas.
Queriamos tamén que fose unha ponte e un punto de contacto para os traballadores da comarca, e do país. E axudar a espallar a idea e o traballo que no futuro nos agarda.
E podemos xa dar resultados dun ano na rede:
Máis de 8.000 visitas.
Máis de 5.500 visitantes distintos (o 40,67 % repetiron). Hai 669 que están abonados (caseque todos de Galicia pero tamén doutras vilas españolas e de Brasil, Mexico e Arxentina...).
O nucleo duro- 225 irreductibles- que nos obrigan a facer acutalizacións semanais, e pensamos que non deixarán descansar nin nas vacacions. Para estes que nos envían mensaxes de apoio e parabens, estamos obrigados a non decaer.
Así que anunciamos que trás cambiar a estética - o fondo branco permete ler mellor- no 2009 engadiremos algún adianto tecnolóxico deses que inventan, e tentaremos no posible actualizar novas e documentos que sigan a ser do voso interés.
Tamén felicitamonos de ter axudado a outras bitacoras amigas a nacer, e sobre todo de ter formado en Betanzos un nucleo de militantes cenetistas con moita vida e enerxía por diante.
Desde Betanzos Libertario e se ningunha nova urxente nos obriga, vos enviamos unha aperta anarcosindicalista para rematar o ano, e facer ainda moito máis ruido no 2009.
¡¡Nen Patria Nen Patrono.!!
(obrigados a Foz, se non aínda tiñamos que volver mudalo)
3 comentarios:
Porque acabar em espanhol um texto começado em galego?
Pois tes razón.
Cambiamolo deseguido...
Trata-se de mudar:
Nin Patria nen Patrón por
Nen Pátria, Nen Patrono.
Obrigado, Foz.
Publicar un comentario