10 feb 2009

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

Na foto: Jose Villvarede.


O Proxecto de Investigación interuniversitaria "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" ven de incrementar o seu fondo documental coa dixitalización de documentos de gran valor histórico, destacando a colección da cabeceira anarcosindicalista Solidaridad Obrera editado na Coruña nos anos 30.

Os orixinais propiedade da familia Villaverde e completados con algún número dos arquivos da CNT en Amsterdam son un elemento de primeira importancia para o estudio do movemento obreiro de anteguerra.

Ademáis parece ser que tamén estanse a dixitalizar as cabeceiras dos xornáis máis representativos da CNT dos anos 70 do pasado século (cnt e solidaridad obrera de Barcelona), polo que estaremos atentos para ver as posibilidades de acceso público a estes importantes documentos.
Algún de nós tivemos a sorte de ter acceso ós orixináis desta Colección particular, así como coñecer a Palmira Otero e Luz Villaverde, muller e filla de José Villaverde. Con grande amabilidade pola sua banda deixounos fotocopiar os exemplares da Soli, así como de moitas fotografías de aqueles anos (esta entre elas). A Colección atopase hoxe nos arquivos Históricos do Ateneo Ricardo Mella de A Coruña (no local da CNT herculina), onde poden ser consultados. Agora coa dixitalización pensamos que se facilitará moitisimo a súa consulta para o público e os investigadores de fora.
Quedamos pois agardando máis novas relativas a este traballo de investigación.

No hay comentarios: