7 feb 2009

Todo un exemplo que nos motiva a continuar.


Un sindicalismo como o noso, nón é fácil nunha sociedade como esta. Temos por costume esperar que outros "máis listos" resolvan por nós, ou tirar do carro a base de Subvencións. O anarcosindicalimo en cambio, quere ser camiño, ferramenta e finalidade. Por iso empeñamonos tanto en que medios e fins non sexan incompatibles.

Desesperamonos cando a Realidade se nos pon de costas, máis cando atopamos exemplos como iste ao que adicamos estas liñas, o corazón ferve e xa queremos a Revolución - Aquí e agora-.

Lebrija é unha vila sevillana de pouco máis de 20.000 habitantes. Un ano atrás 7 compañeiros dixeron que Lebrija tiña falla dunha Organización coma CNT. Os de sempre rían. Meses despois afiliaron ao 70% da plantilla da Fabrica máis grande -100 empregados-. Os de sempre rían.

Como o Concello segue a contratar aos parados que lle son leais- os do PSOE- os nosos dixeron que había que organizar ao pobo e fixeron asambleas na Praza do Concello. Na primeira 200, Na segunda 400, e onte sacaron á rúa a 3.000...... A risa dos sempre parece agora nerviosa.

Aquí vos deixo aos 7 primeiros facendo un local que será a sede da CNT.

Aquí vos deixo o video da resurreción dunha esperanza.
¡¡Abuelos!! Xa estamos aquí. Viva a CNT

No hay comentarios: