
Conquistadores foron tamén (aínda que doutro tipo ben diferente) aqueles dos que Júlio Carrapato, unha das mellores letras do anarquismo portugúes, nos fala no seu libro "Os descobrimentos portugueses e espanhois ou a outra versáo de uma História mal contada".
.
Cruzar o Tejo en Lisboa na compaña de Antonio Mota e Ana Sofía Pereira , dez minutos de travesía foron suficentes para decatarse dos lazos sentimentáis e ideolóxicos que nos unen cos libertarios deste país. As preguntas e as miradas complices falan das inquedanzas e esperanzas dos nosos irmáns portugueses por recuperar como facemos nós a Memoria Histórica dese grande descoñecido: O anarquismo portugués.
Traemos boas sensacións. Os compañeiros da AIT-SP, son o xerme do anarcosindicalismo portugués. E os cenetistas galegos temos que ser a ponte ibérica do rexurdir do Ideal e das formas organizativas do sindicalismo libertario polo que esperamos que podamos compartir aproveitando as nosas linguas comunes, un esforzo editorial conxunto.
O blog dos anarcosindicalistas portugueses:
1 comentario:
Artigo moi interesante, e moi interesante o blog de ait-sp. Ás veces cómpre non mirarnos tanto o embigo, e coñecer realidades tan diferentes pero tan iguais que hai polo mundo adiante
Publicar un comentario