12 jul 2009

Cáritas e as Mulleres maltratadas




Este martes dia 14 as 10:45 da mañá será xulgada la ONG Cáritas polodespido das traballadoras da Casa de Mulleres maltratadas de Pontevedra.Mais que unha causa laboral este xuizo debe dar un debate social fronte axestión de servizos sociais por parte de organizacións que responden aosseus propios intereses.En febreiro enterámonos da entrega ás traballadoras dun preaviso dedespido por causas obxectivas. Isto é: a casa pechaba, así que todas paraá rúa cunha indemnización ridícula.
Ante isto a CNT asesorou para comezar a acción contra Cáritas e asistiuaos diferentes movementos politicos que ocorren ata o día de hoxe. Cando falamos de Cáritas neste artigo estámonos a referir especialmente ao Presidente de Cáritas Diocesana de Galicia, o señor Severino José Montes. Queremos deixar claro o desgusto de moitos voluntarios de Cáritas por esta manobra do presidente, e os esforzos da Presidenta de Cáritas Pontevedra por conseguir manter aberta a casa.Cáritas xustifica a súa decisión dicindo que non ten diñeiro para costear o servizo: do custo total da casa, Cáritas cada ano abonaba menos do 10%,e a porcentaxe foi baixado ano a ano; o demais vén financiado porDeputación e Xunta. Curiosamente nunha reunión coa Deputación esta comprometeuse a firmar un convenio mellor para manter a casa aberta, un convenio co que a achega deCáritas á casa sería absolutamente simbolica. Por todo isto Severino mintecando declara na prensa que "se ha tomado la decisión de cerrar el piso de acogida ante la falta de la financiación necesaria por parte de lasadministraciones" (Faro de Vigo)Cáritas xustifica a súa decisión en voz baixa dicindo que agora asmulleres maltratadas están moi protexidas pola lei, e que agora hai que centrarse nos inmigrantes.
Dende a CNT de Pontevedra cremos que isto non é unha casualidade, senónque estamos ante unha manobra da man da ONG, probablemente orde directa daconferencia episcopal, destinada á "Evanxelización" d@s traballador@s migrantes que chegan ao país, polo que hai que destinar diñeiro eesforzos.Para calquera mente racional o argumento de que a nova lei protexesuficientemente as mulleres maltratadas e un insulto: as mulleres usuariasdos servizos da casa de mulleres maltratadas son persoas perseguidas, engrave risco de ser ASASINADAS señor Montes. Mulleres moitas con fillos,sen casa, sen recursos economicos, moitas ata o momento da denuncia absolutamente dependentes do tirano; que lei protexe a estas mulleresseñor Montes?Cáritas é unha ONG vencellada estreitamente á igrexa Católica. A dirección dos seus centros é levada por voluntarios, sendo ospresidentes elixidos entre eses voluntarios. Cáritas ten arredor de 4.500traballador@s, profesionais da intervención social: traballadoras sociais,psicólogas, educadoras, avogadas... O mellor que lle pode pasar aostraballador@s de Cáritas é atoparse cun presidente que lles deixe facer oseu traballo, e se aínda por riba este presidente deixa as decisións nasmans dos profesionais, a sorte do traballador e dupla. Parece que SeverinoJosé Montes non é deste estilo. Cáritas leva servizos como a casa de mulleres maltratadas de Pontevedrafinanciada nun 90% por diñeiro público. Por que as administracións non asumen este servizo e o subcontratan a unhaONG? Señor Montes, que pasa coas mulleres e os seus fillos que permanecen nacasa sen o servizo de asistentes e psicólogas?Señor Montes, Señor arzobispo de Compostela, non era mentir pecado? Agora Cáritas vai ter que gastar unha cantidade de diñeiro cercana aopresuposto anual de Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas en indemnizarás traballadoras despedidas.Ten isto algún sentido?A CNT esixe a reapertura inmediata da Casa e a sua xestión publica porparte de profesionais e que non se volvan deixar en mans de gruposideoloxicos en forma de ONGs coma o caso de Caritas en Pontevedra eAlecrín en Vigo.
Tanto en Pontevedra coma no resto dos casos a escusa deser ONGs parece eximilos de responder como unha empresa, forma na queteñen traballado durante toda a sua historia, contratando e despedindo,xestionando diñeiro publico e con persoas non prfesionais vivindo destespresupostos.

No hay comentarios: