Collemos unhas pequenas vacacións. Só uns poucos días. Betanzos Libertario xa non é unha bitácora de curta idade. Fixemos unha pequena enquisa para que valoredes (de 0 a 10) o traballo que estamos a facer. No momento de redactar estas liñas, xa nos votaron 50 persoas. Non parece mala a vosa valoración. Graciñas. Tamén a ese visitante que non para de poñernos ceros. Debe ternos verdadeiro cariño.
Betanzos libertario pasou das 600 visitas mensuáis do ano pasado a máis de 1.200 no ultimo mes. O aumento motivanos a continuar e máis agora que temos por detrás a responsabilidade de dar contas da nosa xestión ao sindicato local da CNT. Esperamos que a actividade futura deste sindicato faga que esta páxina teña moito contido sindical e libertario que veña da nosa vila e da nosa comarca.
Medramos e esperamos axudar tamén a medrar ao noso sindicato. En Agosto faremos as xestións necesarias para xa en Setembro abrir a nosa sede betanceira. Estamos moi ilusionados. Sabemos do traballo que nos queda por facer e por iso, este descanso imolo aproveitar para cargarnos de forza.
Saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario