Desde CNT Betanzos, alegrámonos de que os traballadores en paro da nosa comarca se teñan decidido organizar. A asamblea de Parados de Betanzos e Comarca empezará nestes próximos días unha campaña de propaganda nas oficinas do INEM (r/Venezuela) e ainda que non teñan vencello orgánico co noso sindicato, vanse xuntar todos os martes ás 12 horas nos nosos locáis da ponte nova, que cedemos a sabendas de que a loita debe ser común a traballadores en paro ou en activo, e que o noso local é a casa de todos aqueles que teñan conciencia de clase e ganas de loitar.
Desde aquí animamos ós nosos afiliados en paro e a toda a xente que nos visita a poñerse en contacto con eles acudindo ás súas asambleas semanáis.
Quedamos a espera que nos comuniquen un enderezo electrónico e un tlf de contacto.
¡Parados pero non quietos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario