26 sept 2009

Preparando a inauguración


Foron moitos os meses na procura dun local digno para o noso sindicato. Unhas veces eran os precios, outras a mala situación. Agora pensamos que acertamos de cheo. A expectación na vila é grande. Moitos ainda non saben o sacrificio persoal dos militantes para manter esta mínima infraestructura que nos permita medrar en número e en actividades.

De momento estamonos a preparar para unha inauguración "oficial" ainda que xa temos as portas abertas desde o 1 de Setembro. O Comité local abre a diario a partires das 18,30 horas e o local vai ser tamén o lguar de encontro doutras iniciativas (asamblea de parados, biblioteca libertaria,ateneo...).

No mes que está a piques de entrar, a CNT celebrará nos seus locáis cursos de formación laboral para os seus afiliados, e charlas sobre a situación do Sindicalismo actual e as alternativas que propoñemos. Temos intención tamén de celebrar un comicio orgánico dos sindicatos de Galicia, para así poder invitar ós nosos compañeiros doutras localidades a coñecer a realidade deste novo sindicato betanceiro.

Manter todo esto nun sindicato que renega das subvencións e que se mantén das cuotas dos seus afiliados, e o mesmo que decir que calquera axuda económica dos nosos simpatizantes por pequena que sexa, é para nós unha grande axuda, para manter e medrar o anarcosindicalismo na comarca e no país enteiro.

Temos aberto unha conta na Caixa Galicia a nome de Sindicato de Oficios Varios da CNT, onde se queredes podedes facer un ingreso poñendo "Aportación pro-local Betanzos".

2091-0018-73-3040029799


Comité Local da CNT.

Betanzos 26 de Setembro de 2009.






1 comentario:

Anónimo dijo...

saude, dende a seccion sindical forestal saudamosvos coa satisfaccion de saber que inaugurastes un local sindical que por certo ten moi boa pinta, estaremos en contacto para futuras colaboracions, seguide asi