13 oct. 2009

¿Apagarán os lumes co Cetme ou chamarán a artillería?

A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT expresa a súa repulsa coa presenzanos nosos montes dos corpos do Exercito de Terra (E.T.), e da UnidadeMilitar de Emerxencias (U.M.E).
A función de “disuasión”, e totalmente estúpida e fora de lugar; xa que écompetencia dos corpos civís de seguridade do estado, dado que non nos atopamos en estado de guerra, nin en estado de excepción. Este corpo militar non colabora coas labores de extinción, nin cos bombeiros e bombeiras forestais, nin coas labores de vixiancia. Estes individuos con condicions laborais substancialmente mellores, que non“tocan” o lume nín de asomo, só se deixan ver frecuentemente polos bares, ademais, vestidos de uniforme.
A Sección Sindical Forestal da CNT, non concorda co planteamento que actualmente acontece nos montes galegos, e aposta firmemente pola desmilitarización do sector forestal. Militares fóra dos nosos montes.
Sería moitisimo mellor que os cartos que gastan en pagarlle a este corpo por estar patrullando entre bares e asfalto ao longo do verán, se aplicaran en melloras cara o persoal que realmente está involucrado e se xoga o tipo nos montes, e non nun servicio totalmente prescindibel e innecesario.
Outro exemplo disto é a U.M.E., Que é un servizo o cal se dota dun altopresuposto, entregando todolos medios posibles ao exercito, supoñendo un grave caso de intrusismo laboral, nas tarefas que deberían ser competencia exclusiva dos bombeiros e bombeiras forestais.
Sen entrar en mais detalles, a Sección Sindical Forestal da CNT, mostra o seu descontento e o seu malestar pola situación que no presente está acontecendo, por iso pedimos que se retiren do dispositivo contra incendios forestais.
A Sección Sindical Forestal da CNT.
Martes 13 de outubro de 2009.

No hay comentarios: