DIEGO VIÑA CASTRO
MORTO O 22/9/04
NO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE ARTEIXO
¡¡5 ANOS DE IMPUNIDADE¡¡¡¡
Fai 5 anos que morreu Diego. Lembremos que este rapaz da Coruña, faleceu o día 22 de setembro de 2004, no cuartel da Garda Civil de Arteixo, logo de ser detido inxustificadamente por imputacións falsas realizadas polo seu proxenitor.
Tras unha longa e inxustificada espera nos calabozos da Benemérita, e tras serlle negadas as mínimas garantías de atención ao detido, Diego apareceu aforcado cos seus propios pantalóns na porta da celda. Mais non foi suicidado que foi asasinado.
Dende ese momento, todas a circunstancias que rodearon a morte de Diego Viña se nos mostran como escuras, xa que Diego morreu dunha forma violenta e cruel. Así a perneira do pantalón foi arroxada ao lixo polo Garda Civil responsable do Cuartel de Arteixo, non se realizou unha reconstrucción dos feitos, non se aportaron as imaxes das videocamaras de vixilancia, non se iniciou unha investigación interna que determinara as causas da detención e o fatal desenlace, non se explicou a existencia de vómitos fora da celda, non se xustificou a negativa a facilitarlle os medicamentos prescritos medicamente, nen o incumprimento da orde dun médico que ordeara trasladar ao detido a un centro especializado.
Polo que consideramos que os axentes actuantes cometeron un grave delito de HOMICIDIO DOLOSO EN COMISIÓN POR OMISIÓN. Incumprindo con tanto o mandato legal de vixiancia e rispeito polos dereitos dos cidadáns, violando o seu código ético de deber de socorro, mancillando o xuramento militar da defensa da vida. Tal situación fai os axentes encargados da custodia de Diego RESPONSABLES ante a sociedade.
Tras esta traxedia, tanto a familia de Diego Viña, como a Comisión de Denuncia de Galiza, iniciaron acción xudiciais co obxecto de aclarar as circunstancias da morte e depurar as responsabilidades penais pertinentes.
Estas reclamacións inicialmente non caeron en saco roto, así o Xulgado de Instrucción nº 5 de A Coruña, determinou que o Cuartel da Garda Civil de Arteixo “non parece o mais idóneo para a custodia de detidos” e que “podíanse advertir deficiencias no sistema de vixiancia” recoñecendo que aconteceu unha “neglixencia na excesiva duración na detención”.
Tras anos de tramites, papeleos e mais papeleos este fallo xudicial caiu en papel mollado e o procesamento por Homicidio foi arquivado, estabelecendo que non existían indicios que determinaran a responsabilidade dos autores desta ignonimia, sembrando con ilo unha peremne e inquietante sombra de dubida sobre este asunto, que quedará para sempre sen esclarecer.
Na actualidade e tras o arquivo da denuncia por Homicidio, séguese un procedemento xudicial contra os responsabeis da morte de Diego como autores dun delito de DENUNCIA FALSA E DETENCIÓN ILEGAL, figurando como denunciados:
Carlos Viña (pai de Diego) como presunto autor dun delicto de denuncia falsa, xa que a presenta sen ningún dato que a xustifique e en profundo estado de embriaguez.
O comandante do posto da garda civil de Arteixo (G00402P) e os axentes W97788Z, 34896949, Q47830E e T68012Z como presuntos autores dun delicto de detención ilegal.
O dia 12 de outubro, (dia da patrona da Garda Civil) e dende hai xa varios anos concentramonos ante a Igrexa Parroquial de Arteixo, lembrando a Diego, denunciando esta inxustiza….. e co obxeto, de que os que ese día vaian a misa non esquezan, que os responsabeis deste horror, comulgan e se pasean pola vila como os nosos “defensores” .
É necesario lembrar que, o ano pasado A Garda Civil de Arteixo denunciou á familia e a varios integrantes da concentración ante o Xulgado de Garda, imputandonos ser os autores dun delito de detención ilegal e un delito contra a liberdade de culto Á Garda Civil é á Xustiza non lle chega que Diego e a súa familia foran as vitimas dunha morte baixo custodia, quixeron que a familia sexa a vitima do mesmo sistema que lles nega a xustiza, querendo calar a nosa voz e a sua dor.
¡¡¡ Non calaremos, non deixaremos de berrar non mais mortes baixo custodia¡¡¡
CONCENTRACIÓN
12 DE OUTUBRO DE 2009
ÁS 12:00 DA MAÑÁ
DIANTE DA NOVA IGREXA DE ARTEIXO
(NO PASEO FLUVIAL CERCA DO BALNEARIO)
Convoca: Comisión de denuncia de Galiza
1 comentario:
video da convocatoria:
- http://www.youtube.com/watch?v=1I17sSap6o4
Publicar un comentario