Aínda non sabemos que podemos sacar en limpo de este tipo de "pesca" tan novedoso para algún de nós, pero que non se diga que os anarcosindicalistas non probamos as novas tecnoloxías.
Deste xeito incorporamonos igual que fixemos hai dous anos co mundo dos "blogs", esta chamada "RED" que pon en contacto entre sí a millóns de persoas no mundo.
De momento e con dous días de vida, xa temos 253 "amigos" que len e comentan as nosas actividades, polo que entendemos que esta ferramenta pode ser efectiva para espallar as Ideas e o modelo organizativo que propoñemos . Unha alternativa aos sindicatos e organizacións xerarquicas,burocráticas e autoritarias, precisa de modelos horizontáis, e as redes poden selo. Todo dependerá de como saibamos traballar con elas.
4 comentarios:
Pareceme moi acertado.
Saúde a eses betanceiros libertarios
Pois a min pareceme moi desacertado, con todo o meu respeto, esas redes non son nada seguras, e son controlados polos "inxeñeiros sociais" da CIA, etc...
nha cousa e usar as tecnoloxias, e outra que as tecnoloxias sirvan para espiarnos.
Cuidadin.
Pois como non se enteren os da "CIA" das actividades publicas do sindicato non sei que carallo van espiar.
Saúde
Botalle un ollo:
http://hackstory.net/index.php/Ingenieria_social_es
Hai abundante material na rede no que se explica ampliamente o tema da inxeneria social.
Saude!
Publicar un comentario