31 dic 2009

Betanzos Libertario. Balance de 2009

Grafica real das visitas anuáis de betanzos libertario


Non é función dunha bitácora anarcosindicalista nen do mundo das redes, sustituir ao mundo real . Betanzos Libertario naceu como precedente e impulsor dun proxecto dos que se poiden toucar e sentir: O Sindicato da CNT de Betanzos. Este é xa unha realidade. Na súa curta vida, xa ten vivido momentos que serán parte da nosa Historia. Moita xente ten pasado polo noso local e comprobado como pouco a pouco e de xeito constante imos argallando unha entidade sólida.
Pero Betanzos Libertario ten vida de seu. Se no 2008 tivemos 6.961 visitas, neste ano que remata foron 13.256. Continuamos a poñer todo tipo de novas que pensamos poden ser de interés e nunca esquecimos nen a Formación nen a Memoria Histórica. Son máis agora as novas relativas á vila ou a comarca, porque tamén son máis as actividades que se fan.
Betanzos Libertario vai continuar nesta labor de espallamento do Ideal e da nosa revolución social que se fai desde os cimentos do máis sinxelo e que anda no procura de artellar unha sociedade libre e auto-organizada.
Betanzos Libertario quere agradecer á vosa fidelidade e participar con todos vós que nos visitades, dunha entrada de ano chea de esperanzas nun mundo mellor. Nas revoltas gregas, no rexurdir libertario nas Américas, no centenario do Anarcosindicalismo Ibérico, nos nosos compañeiros presos por todo o mundo, nos explotados, nos que temos un mundo novos nos corazóns...
Betanzos Libertario quere especialmente agradecer aos compañeiros e compañeiras da Galiza. Aos que coa vosas aportacións (fotos, artigos, críticas e comentarios...) facedes posibles este lugar de encontro.
No 2010, como nos 100 anteriores. Saúde e Revolución Social.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Saúde e adiante Betanzos Libertario!!!!

Anónimo dijo...

Enhorabuena, una labor humilde y bien hecha, como los buenos artesanos.

Un jardinero de barcelona.