O Venres 26 de Marzo ás 20 horas, a C.N.T. de A Coruña organiza unha charla no seu local. Contaremos coa presenza de José Manuel Sanz, compañeiro do sindicato de Candás (Asturias) que nos falará da Crise, o gran engano. Unha visión distinta das machaconas consignas que nos repiten día trás día nos medios informativos. Unha visión anarco-sindicalista. Promete ser interesante.
.
Día: 26 de Marzo, Venres
Hora: 8 da tarde
Lugar: Local da C.N.T. Rua Washington 36. A Coruña
(detrás da casa do Home no Paseo marítimo)
8 comentarios:
Borramos os comentarios que non aportar nada, sobre todo aqueles que son anónimos.Esto non é un foro de opinions.
Gracias por continuar a deixar insultos e visitar a nosa páxina. Nós seguiremos a borralos. Vemos que tes máis interés no que facemos do que deixas na enquisa.
Non imos suprimir os comentarios en aberto porque haxa xente aburrida.Fainos gracia que teñan tempo para nós.
Contra a crise, charlas e mais charlas. Está ben iso
Non amigo. Fanse charlas, concentraccións,manifestacións e outras cousas.Así que non fagas demagoxia.
Estanse a preparar actos en Galicia onde poderás aportar algo máis que "palabritas".
Un cenetista.
Fanse charlas e fanse concentraccións e manifestacións. Telas todas na web:www.cnt.es.
Menos palabritas e fai algo.
Non vos alporicedes con esta xente. Fan máis publicidade que dano. Calquera con sentido común xa sabe que en internet abundan os listos e os valentes.
Animo á toda a CNT e continuade facendo actividades que fai falla saír e dar alternativas.
Publicar un comentario