
Desde Ferrol haberá autobuses que partirán en dirección a Vigo, saíndo ás 9 da mañá do local da CNT en Ferrol (Avenida de Esteiro, 10), e facendo paradas en Fene, Pontedeume e Betanzos.
Este Sindicato organiza ademáis un acto sindical para o día 30 de abril,ás 20 horas, no seu local social (Avenida de Esteiro, 10), no que falarán Xabier Porto (secretario do Sindicato), Francisco Fernández (traballadordo metal) e Eliseo Fernández (historiador).
Neste ano no que a CNT celebra o centenario do seu nacemento (1910)consideramos que a clase traballadora precisa revisar con urxencia omodelo de organización sindical existente. Desde hai moitos anos, osindicalismo de xestión amosa a súa incapacidade para conseguir ningunhamellora para a clase traballadora, e fracasa miserablemente á hora dedefender as conquistas históricas do movemento obreiro.
Nunha data de forte significación histórica como é o 1º de maio, comprelembrar a vella consigna dos nosos antecesores: "A emancipación dostraballadores será obra dos traballadores mesmos". Porque só desde unhamaior implicación da clase traballadora na defensa dos seus intereses,poderemos revertir o proceso de perda de dereitos impulsado pola patronal e xestionado polos gobernos do PSOE e o PP.
Por todo elo, neste 1º de maio chamamos á clase traballadora a sair á rúa e participar nas mobilizacións contra a perda de dereitos laborais econtra a lacra do paro.
Nin un só recorte máis!!!
Ferrol, 28 de abril de 2010Federación Local da CNT de Ferrol
No hay comentarios:
Publicar un comentario