21 abr. 2010

1 de Maio en Vigo. Bus desde Betanzos


O día 1 de Maio a CNT de Betanzos porá a disposición dos afiliados e simpatizantes que queiran ir á manifestación unitaria dos sindicatos confederáis, un bus (esperemos que algo máis moderno que os colectivizados no 36).
Saíremos desde a Ponte Nova (diante do noso local) ás 9.30 horas e voltaremos ás 18 horas, trás a manifestación, mitin e comida de confraternización.
Para apuntarse é preciso poñerse en contacto co sindicato porque as prazas son limitadas (55) e xa hai apuntados a día de hoxe unhas 30 persoas.

No hay comentarios: