Imos quentando motores. Esta ano iremos a Vigo, cidade elexida polos sindicatos da Galaica para a manifestación do Primeiro de Maio.
A marcha partirá ás 12 horas na rúa Urzaiz esquina Lepanto e rematará na Porta do Sol. O Acceso tanto por estrada como no tren é fácil. Ver mapa.
Desde Betanzos saíremos un par de horas antes desde o local. Se queres apuntarte debeste poñer en contacto co sindicato para reservar praza.
Os compañeiros da CNT de Vigo teñen pensado facer se o tempo nos deixa, un xantar no parque do Forte San Sebastián con vistas moi fermosas da ría.
Todos esperamos facer desta data unha xornada de encontro dos anarcosindicalistas galegos igual que fixemos o ano anterior en Ferrol, e demostrar un ano máis que o noso crecemento como Organización é unha realidade ano trás ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario