18 abr. 2010

A Sección Sindical de SEAGA loita por un convenio proprio do sector.

A Sección Sindical da CNT no SEAGA, nos ofreceu onte unha charla explicativa do proceso de formación desta sección, do traballo desenvolvido ata agora e do seu interés en espallar o modelo organizativo da CNT en todos os distritos forestáis.
Unha exposición que abarcou aspectos xeráis dos problemas do sector, dentro dunha situación de abandono do rural e de falla de alternativas que saiban dar equilibrio entre a defensa do territorio e da natureza e o necesario desenvolvemento económico de importantes comarcas galegas.
Desde o punto de vista laboral, os compañeiros estan a traballar por dignificar o sector e mellorar as condicións hoxe tan precarias e para iso promoven a existencia dun convenio propio de todo o sector.
O aumento progresivo da afiliación failles ser optimistas e ante a pasividade do resto dos sindicatos estalles facendo ser un referente para os traballadores máis combativos.

No hay comentarios: