18 may 2010

"Fanse Reformas laboráis"


No consello de ministros do pasado 14 de maio, aprobaronse entre otros recortes sociáis anunciados, a conxelación das pensións para 2011 e unha redución dol salario dos traballadores da administración pública para o que queda deste ano, conxelándose tamén para o ano próximo.

Desde CNT vimos chamando aos traballadores a movilizarse contra as medidas antisociáis que veñan da man da reforma laboral e das pensions, e a movilizarse contra dos vergoñentos recortes sociáis dirixidos aos que menos teñan, mentras se gastan milleiros e millons en garantir as suas fortunas dos que máis teñen. ¿Demagoxia? Non, simple realidade: 150.000 millons entregados aos bancos no momento álxido do "desmadre" financieiro e só 9.000 destinados a un raquítico “plan E” para os parados, que quedóu en nada. Una suba do IVA e os impostos indirectos, que pagamos todos namentres os grandes capitáis tributan a un 1%; 750.000 millons, entre os países da UE, para un fondo que asegure as ganancias dos accionistas e inversores, e pola contra , para os traballadores, reformas laboráis, reducción de dereitos e prestacions, recortes na seguridade social e agora, para funcionarios e pensionistas, rebaixas no salario e as prestacions.
Como tamén vimo decindo, xa que os traballadores non teñen secundado as movilizacions convocadas por sindicatos como a CNT, nin obrigado ás corporacions “sindicáis” a convocalas, o governo vai seguir a introducir novos recortes, que ao parecer, son os que “tranquilizan” aos mercados financieiros e fan subir a bolsa.
Agora tocalle aos funcionarios. Unha medida sen precedentes na que o governo recortará “de media” un 5% do salario dos traballadores públicos, apoiandose na suposta boa prensa que terá a medida no conxunto da sociedade, es decir, apoiándose no divorcio permanente entre os traballadores con contrato fixo e os traballadores que sometidos á temporalidade, ao emprego precario e aos contratos-lixo. Unha medida que é posible grazas á insolidaridade e ignorancia instalados na sociedade.
Unha boa parte dos funcionarios e mileurista, en particular aqueles que dependen da administración do estado; e unha inmensa maioría cobra menos de 1.500 euros mensuáis. Só nas administracions locáis ou provinciáis, os soldos separanse desta tónica. Unha redución de salario para estos traballadores resulta unha ofensa, cando a ganancia das grandes empresas españolas teñen aumentado este ano un 20%. Como máximo, calculan que con esta medida se conseguirá reducir o gasto nuns 5.000 millons de euros; unha pinga no mar de millons que se está entregando aos bancos e multinacionáis do automóvil. Resulta curioso tamén, que sexan estos mesmos bancos quen pidan máis recortes e máis agresivos, cando son eles os que crearon a crise.
Non esquezamos por outra banda, que este é o segundo recorte que sufrimos os traballadores públicos da mán do governo de Zapatero, xa que as as medidas de “contención do gasto público” viñeron a eliminar na práctica as ofertas de emprego público e con elas, o ingreso de novo persoal. Por cada dez traballaddores públicos que se xubilan, só permitese o ingreso dún novo. Pero o resultado desto non é un “adelgazamento” da función pública, nin un aforro neto, senon unha privatización encuberta das tarefas realizadas polos traballadores do sector público que se trasvasan ás empresas privadas creadas para tal, nas que estos traballadores carecen dos dereitos e garantías que teñen os funcionarios, resultando moito máis "maleables" e dependentes do poder de turno que infiltra e constitue estas empresas según os seus intereses políticos e as súas ambicions persoáis.
E non esquezamos tampouco que a moi deficente situación dos servicios públicos que normalmente achacase en exclusiva aos traballadores, moi raramente se fai recaer sobre os que teñan a verdadeira responsabilidade : os políticos. Eles son os que encabezan todas as delegacions, consellerías, asesorías, consellos e un largo etcétera onde diseñan os planes polos que rixe a administración e que sufrimos todos: incompetencia profesional das altas esferas, incapacidade para unha distribución racional do traballo, persecución de obxetivos políticos de partido por riba dos intereses da xente, grandes afans privatizadores e un lento e progresivo socavamento do sistema público.
¿Hasta ónde poderá chegar a "senvergoña"do governo e do parlamento? A sensación que da e que os traballadores están dispostos a soportar calquera cousa que se lles imponga sen rechistar. Se mañán o presidente anunciara que se acaba a seguridade social ou a prestación por desemprego ou as pensions, dá a sensación de que nada pasaría. O mesmo día que se anunciaron estos últimos recortes, a clase obreira do noso país pensaba nos triunfos futbolísticos duns individuos que gañan millons por cada patada que dan nunha pelota mentres que a eles roubanlles os cartiños do peto.
A resposta das corporacions sindicáis para con esta agresión xa está escrita. Unha única xornada de folga para o 2 de xuño. Unha resposta estéril e falsa que, aparte de non servire absolutamente para nada, desilusionará a aqueles que vaian á folga que están a facer algo polos seus dereitos. Unha folga enganosa, porque os nosos “representantes” xa están dacordo en aceptar estas medidas; o que queda, será unha pantomima ridícula na que escenificar a pataleta de rigor. Xógase ademáis coa certeza de moitos iremos por vergoña e non por convencimento.
A única resposta válida contra os planes do governo é a convocatoria dunha folga indefinida no sector público, e á que estarían chamados a se xuntar todos os pensionistas, os traballadores precarios, e os que xa non teñen portas nas que petar pedindo un traballo. Unha folga que teña gararantías de que vai server para presionar ao governo para que non se fagan reáis estes recortes. Unha folga en definitiva, de verdade.

No hay comentarios: