19 jul 2010

Un encontro que ten que repetirse.

Unhas 70 persoas (máis non cabían) participamos na Primeira Xira Libertaria aos Caneiros. O ano que fagamos publicidade deste evento non queremos nin saber o número de barcas que imos ter que contratar.
Compañeiros e Compañeiras de varios puntos da nosa xeografía xuntámonos nun encontro de confraternización onde puidemos conversar das cousas da vida así como plantexar para vindeiros anos que tipo de actividades facer neste tipo de xuntanzas.
Esta ano contamos coa presencia de dous compañeiros do mundo do audiovisual que fixeron un pequeno documental que esperamos poder subir á rede en poucos días.
Tres foguetes indicaron o momento da partida. Subimos á barca engalonada con duas bandeiras coas cores do anarcosindicalismo. Unha pequena referencia aos ateneos e sindicatos que en 1936 tiñan preparada unha xira como esta, e onde se tiñan pensado dar varias conferencias sobre Escolas Racionalistas, Universidade Proletaria e o Problema agrario, e aos nomes de Juan Expósito e Francisco Iturralde, serviron para iniciar a subida do Mandeo.
Trás un xantar popular, algúns fixemos un roteiro a pé ata o lugar de Chelo, e xa de volta, e cos cánticos de Alasbarricadas e Hijos del Pueblo, dimos volta a Betanzos, co firme propósito de repetir.
Foi unha data histórica para os libertarios betanceiros. Repetiremos.

No hay comentarios: