14 jul 2010

Xira Libertaria. A tope.

Seguimos recibindo peticións pero as prazas na barca están xa cubertas. E hai lista de espera. Non vos queda outra que ir andando. Para evitar problemas coas "viandas", aconsellamos aportar algo, xa que non somos capaces de calcular para tanta xente de máis.
A saída témola prevista ás 12 horas desde o paseo da Tolerancia, xunto a ponte vella. Alí organizaremos a marcha (30 minutos) para os que teñan que ir a pé.
Se todo sae ben, prometemos "institucionalizar" esta data e para próximos anos organizaremola pensando xa en varios centos de compañeiros/ as.....
Vémonos o Domingo.
Saúde.
Comité Organizador da Xira Libertaria aos Caneiros.

No hay comentarios: