Dun tempo a esta parte, parece que Betanzos vive momentos de anarquía. Ou eso pensan certos políticos ben instalados nas poltronas do Concello durante decadas. Neste último mes, o Sindicato Labrego e a CNT manifesteranse polas rúas da nosa vila, uns na procura de solucións para o agro, outros na procura de solucións para o desastre laboral no que nos están metendo. Ademáis e por motivos ben distintos, os máis activos dos nosos fillos, os que embelecen as nosas grises paredes de fermosos muráis, e os que autoxestionan o seu tempo de lecer aproveitando para o seu divertimento (o único que hai nesta vila, agás o botellón), un edificio procedente da rapiña urbanística dos nosos politicos.
O máis increíble é que en vez de sentir vergoña de tanta desfeita como teñen feito, se preocupen agora de que os veciños lles metan "caña", algúns de xeito tan innovador e atractivo como esta balconada espontánea que tanta "revolutio" fixo no mes pasado.
Indudablemente veñen tempos de anarquía. A xente empezase a auto-organizar. Que San Roque nos colla confesados. Amén.
Noticias relacionadas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario