Moitas veces escoitamos comentarios comparativos cos nosos veciños do norte. En Francia non están despostos a que lles toquen as pensións e moito menos a que idade para xubilarse pase de 60 a 62 anos. Por algo os franceses teñen memoria e saben canto sacrificio costou ter estos dereitos.
Pero o que nos chama a atención máis que nada, é unha imaxe. Os fillos dos traballadores, os estudantes dos liceos das barriadas de París e de outras moitas vilas galas, están na fronte da loita. E un aviso. Virán tempos piores e hai que organizarse. A loita de clases existe a pesares de que moitos ideologos do sistema nos digan que son cousas do século pasado. E ahí diante, firmes, a clase obreira de hoxe e a de mañan.
...A ver cando aprendemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario