Ultimamente están aparecendo na prensa diferentes artigos sobre a financiación de certos sindicatos a través dos ERES pactados. Sen esquecer que certos medios están en guerra aberta contra todo o que supón "o poder sindical" e que os seus métodos teñen por obxetivo algo ben diferente do que denunciamos desde a CNT, non podemos negar tampouco que certas practicas están facendo máis dano aos traballadores que as proprias politicas de recortes de dereitos que o governo e a patronal nos impoñen reforma trás reforma, xa que estos incentivos son un durísimo golpe na credibilidade do movemento sindical.
Nota: Certos xornáis como os que mencionamos nada teñen que ver co posicionamento da CNT e son xornáis pagados polo máis rancio da clase empresarial da extrema dereita. A CNT desde a crise dos 70, ven negando de maneira clara a asinar ningún tipo de expediente de regulación de emprego, e moito menos a lucrase dos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario