11 nov 2010

A politica laboral de Aquagest


O Sindicato CNT de Betanzos quere denunciar á opinión pública osdespedimentos que estanse a producir na empresa Aquagest Galicia, máis enconcreto nas instalcións deportivas e piscina municipal. Aquagest estase a escusar en supostos motivos disciplinarios para xustificar legalmente a improcedencia destes despedimentos.
A CNT pensa que Aquagest (hoxe en mans da multinacional Agbar- Aguas deBarcelona) ten pensado reducir entre 1000 e 1500 empregos a súa plantillaen España. A isto hai que sumarlle a paralización do convenio e aconxelación salarial. Esta política de reducción de custes responde a un intento de amortizar ogasto da compra de Agbar a costa dos traballadores.
O Grupo Agbar fixo no2009 un reparto extraordinario entre os seus accionistas duns 400 millónsde euros polo que ante a imposibilidade de xustificar motivos económicos,recurre a despedimentos disciplinarios.
Xa no mes de marzo o Comité intecentros denunciaba "De feito, dende Galicia xa se poden denunciar despidos arbitrarios,declarados todos ata o de agora como nulos ou improcedentes por parte da Xustiza porque hai que aclarar que estes non están respaldados pordificultades nas contas de resultados do grupo. Todo o contrario, os balances que a propia empresa publica na súa páxina web evidencian un moderado crecemento. O único que pretende a dirección do grupo é un incremento rápido das ganancias a costa dos salarios, postos de traballoe cos conseguintes prexuízos para moitas familias".
No caso de Betanzos, Aquagest fixo 2 despidos nos últimos meses nas intalacións do Carregal no persoal máis cualificado e con máis anos de antigüedade, sendo despois remplazados por persoal precario e a tempo parcial.
Evidentemente Aquagest é unha empresa privada ,pero o seu servicio é público, e subcontratado polo Concello polo que entendemos que este é responsable de controlar que as politicas laboráis non vaian en detrimento da calidade do servicio prestado, máis cando esta empresa ven de solicitar ao Concello a suba das tasas dos usuarios das intalacións onde precisamente realizanse estas practicas.

No hay comentarios: