17 nov 2010

A Galaica nos Congresos da CNT

Na foto: Comité da Galaica (anos 30). Sentados A. Fandiño, José Villaverde e Manuel Montes.
Entre os días 4 a 8 de Decembro vaise celebrar en Cordoba o X Congreso da CNT. Coincide este ano ademáis co centenario da nosa Oranización xa que en Novembro de 1910 nacía en Barcelona unha Confederación que chegaría a ser a Organización máis poderosa do proletariado hispano.

En todos os congresos celebrados ata hoxe, sempre ten habido representación dos sindicatos da Galaica, e no próximo, máis de 40 compañeiros e compañeiras das 7 federacións actuáis, acudiremos cos nosos acordos, e tentaremos contribuir a que a Confederación elabore a normativa e programas de acción social e sindical que nos permitan continuar no camiño do crecemento destes últimos anos.

Desde Betanzos Libertario e desde o Sindicato de Oficios Varios queremos transmitirlles a todos as delegacións representadas neste X Congreso, e moi especialmente á Federación Local de Córdoba (organizadora), toda a nosa gratitude polo esforzo levado a cabo para que este acto se faga da mellor das maneiras posibles.

Sabemos do esforzo tan grande que supón para os máis de 400 delegados, os 500 invitados e observadores e para os organizadores que levan moitas semanas de traballo, facer durante 4 días un Congreso, nunha organización que pola súa independencia económica non conta con grandes presupostos pero sí cunha militancia exemplar.

Este é o noso Congreso, o de todos os cenetistas, e ningúen vai a impedir que a CNT volva a ser un referente na loita obreira deste país.

Saúde e acerto a todas/ os

Viva a C.N.T.!!

No hay comentarios: