21 nov 2010

A vida en rosa de Betanzos. Non hai sitio onde poñer unha mesa.


Non somos moi amigos de poñerlle nome e apelidos a certas conductas dos nos políticos municipáis, xa que vai parecer que temos preferencias por algúns, cando todos sabemos como "se las gastan" en canto pisan moqueta.
Pero hoxe non podemos quedar calados ante os argumentos do Concello que preside María Faraldo para denegar a este sindicato a posibilidade de poñer na rúa, en día de Feira, unha mesa de propaganda sindical.
Os argumentos dos que negan a realidade, porque queren un mundo en rosa, e aganchanse debaixo dos problemas cando non saben como afrontalos, non poden ser máis esperpénticos: Non se lle permete a este Sindicato poñer unha mesa con propaganda porque non hai sitio.
Pois teremos que comprobalo.
Para darlle visos de legaliade nos recordan unha normativa reguladora das feiras, e nós teremos que recordarlle aos nosos políticos do Concello de Betanzos, outras normas de máis calado, como son as que rixen os dereitos de Libertade sindical e de expresión.

Se non hai sitio haberá que buscalo, non vaia ser que habendo espacios e prebendas para outros, estése a caer nun delito de parcialiade e represión cara unha organización legalizada e que cada día conta con máis asociados entre os veciños e veciñas desta vila.

1 comentario:

pitu dijo...

Aupa nBetanzeiros saudos dende tui. O que non queren no concello e que no medio dos calcetins e bragas se atope un posto no que as vergonzas da vida politica queden espidas,claro que nese caso se venderian mais mudas e todos sairian gañando¿todos? ah claro so os traballadores e os do concello a gastar en bragas i en calcetins i ensostens i "vamooss niñaaass a un eeeurooo"!!!Bueno boeno penso que ao mellor tedes que vender pan de millo co ghuevos fritos e no medio do empacho reghalarlle a xente unha peghatina. Merda!! iso seria plaxio , que seguro que os partidos xa o teñen patentado,joder!!que txungo vai a ser por un posto na feira... Boeno rapazas que si o posto hai poñerllo na frente do alcalde non deixedes de avisar que non mo quero perder. Saude