O Venres 14 de Xaneiro ás 20 horas, e o Sábado 15 ás 18 horas, o S.O.V. de Betanzos da CNT ten convocada asamblea xeral para todos os afiliados/as a este sindicato.
A orde do día foi enviado por corrreo ordinario ou correo electrónico a todos eles, pero Betanzos Libertario quere facer pública a convocatoria para que os nosos lectores coñezan o desenvolvemento diario da nosa Organización.
.
Entre os puntos a tratar destacamos:
.
1. O Informe das actividades e das novas altas de afiliados producidas no ano 2010.
2. O Informe económico do ano e a súa aprobación se procede.
3. O Informe dos delegados asistentes ao X Congreso da CNT en Cordoba, así como dos acordos alí aprobados
4. Campaña de afiliación local nos sectores do Comercio e Hostalaría.
5. Campaña de propaganda nos Poligonos Industriáis da Comarca e na vila de Curtis
5. Proposta de Conferencia de Militantes dos sindicatos da Galaica
6. Protocolos de actuación sindical en caso de Conflictos (despedimentos/ impagos/ERES etc)
7. Propostas dos afiliados e asuntos varios.
.
Nota: Para poder ter voto na asamblea os afiliados terán que estar ao día nas súas cotizacións. Poderan asistir acompañantes dos afiliados que queiran coñecer de primeira man o funcionamento do sindicato pero non terán voz nin voto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario