30 dic 2010

Visitantes


Un ano máis de vida da nosa páxina Betanzos Libertario. Empezou sendo un lugar de opinión para espallar as ideas anarcosindicalistas. Daquela non imaxinabamos que tempo despois formariase un sindicato cenetista na comarca. Desde entonces actúa como voceiro oficial do mesmo.
No ano 2010 que remata mañan tivemos máis de 14 mil visitas e 10 mil visitantes únicos. O Promedio mensual é de 1.173 páxinas vistas e 786 usuarios.
Máis da metade das visitas fanse desde Galicia e case un 30% desde a provincia de A Coruña, polo que unha dos nosos obxetivos foise cumprindo: Ser un referente dentro do ambito natural de actuación - a nosa comarca-.
Outra das nosas intencións foi, centrarnos nos asuntos locáis sen esquecer as novas de caracter xeral e formativo. A medida que o sindicato foi facendo máis actividade pública foi para nós mais fácil ese cometido. Gadis, Aquagest, a folga do 29-S e os movimentos autoritarios do noso concello foron reflexados nas nosas páxinas. A continua chegada de información dos sindicatos da CNT facilitaron o noso traballo e cada vez máis obirganos a subir noticias con maior periodicidade.
Betanzos Libertario quere de novo agradecer a vosa fidelidade e esperamos que no 2011 aínda poidamos ser unha páxina do voso interés.
Que teñades unha boa entrada de ano!! Saúde, Organización e Loita.

No hay comentarios: