A Xunta de Galicia continua coas lucrativas prácticas de privatización dos servizos públicos subcontratando traballadores por medio de empresas externas. Esta práctica constitui unha ilegalidade e significa, subcontratación,precariedade e cesión ilegal.
A CNT ten denunciado esta situación en varias consellerías (Educación, Sanidade,Medio Rural...e ¿Cal foi a resposta da Xunta? Acoso, represión laboral e despedimentos.
A CNT está a denunciar todas estas situacións tanto a través da vía xudicial como polos medios que lle son propios: A acción directa, manifestada a través das movilizacións e denuncias dos afectados e da solidariedade de toda a Confederación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario