Sábado 26 de Febreriro
Centro Cultural de Xinzo. Ponteareas
10-14 horas
-Aventura: Mercedes Martin, membro de Verdeazuyl
-Xestión de Recursos para o monte: Angel Gonzalez, membro de SPDCIF
-Madeiras, madeiras nobres e biomasa: Julio Ruiz Cagigal, Enxeneiro Técnico Forestal.
-Aproveitamenteo Gandeiro: Santiago Barciela, Biológo e técnico da USC.
16-20 horas
-Ecoloxía: Almudena Rodriguez Vila, Enxeñeira agroforestal e membro da asociación 13\14
-A importancia dos ríos e as carballeiras: Jesús de la Fuente, enxeñeiro de montes
-Apicultura: Alexandre Cendón,membro da sociedade Abella Lupa SAT
-Explotación caprina en ecolóxico: Xavier Simón. Secretario da CMVMC de Cabeiras, Arbo.
O estado español converteuse no país europeo co meirande número de vivendas por mil habitantes, é lider europeo en kilómetros de autopistas e autovías, e pronto o será en liñas de alta velocidade ferroviaria. Atopamos sete das onces maiores constructoras do mundo e os maiores operadores turísticos… Situación que inflúe de maneira directa no sector forestal, e o sistema capitalista actual aplaude e impulsa estas situacións, como a expulsión dos e das obreiras forestais, do campesiñado ou do sector agroforestal cara a cidade, para unha maior aglomeración social e conexión co espazo económico global. Así a poboación concéntrase na cidade, dependendo do mercado para coidar aos nosos fillos e fillas e maiores, para divertirnos, para obter a comida, para cubrir as nosas necesidades máis básicas…
Nos momentos actuais, non resulta tan importante que todo o mundo produza, senón mais ben que todo o mundo consuma. E con todo, hoxe cando os adiantos técnicos permiten a mecanización de grande parte das actividades e a redución do traballo manual, trabállase cada vez máis horas e en peores condicións e xéranse novas necesidades de consumo insatisfeitas. Debemos conseguir máis cartos para poder vivir, e acumulamos unha débeda cada vez maior. Consumimos e producimos bens que non precisamos, formámonos continuamente para un mercado laboral cada vez máis esixente ao cal temos menos acceso e que nos expulsa á precariedade, mentres que este mesmo circuito comporta grandes gañancias para os propietarios do capital, como os de empresas como Ence ou Finsa.
O presente devólvenos unha identidadade global, homoxénea e uniforme, construida en base ao consumo, que aplaca a necesidade de sentirnos comunidade e á vez independentes.
Todo este circuito constrúe espazos de exclusión para disciplinarnos e manternos obedentes: o paro, o subempleo, os guetos… a ameaza está moi presente na nosa cotidianidade, nas rúas, nos medios de comunicación, na nosa realidade laboral, incluso nos espazos de ocio e relacións afectivas. A precariedade da nosa forma de vida, a nosa dependencia do mercado e a arrogancia deste, son tan patentes que fan casi impensable calquera alternativa de vida.
Contra todo esto, a Sección Sindical Forestal da CNT quere loitar contra os efectos dunha alteración desproporcionada da paisaxe, que leva consigo o empobrecemento do noso patrimonio natural e cultural, contra a desestruturación do tecido económico e cultural das aldeas rurais, que como consecuencia provoca o éxodo rural e a perda de caracteres propios da sociedade galega e contra a monopolización das propias relacións sociais, xa que están desaparecendo os sistemas de axuda mutua, as escolas, os servizos e estáse destruindo a dignidade dos oficios forestais ou dos agroforestais.
Para o cuestionamento deste modelo territorial, así como para o desenrolo urxente de alternativas ao mesmo, son de grande importancia todo tipo de resistencias, cremos importante impulsar e fortalecer proxectos que intentan rearticular o local, recordando a súa función vertebradora económica e social, que crean redes sociais que perseguen lóxicas non capitalistas, e que poñen a economía ao servizo das persoas e da vida.
Organizamos esta mesa redonda co obxetivo de fortalecer, por unha banda, o sector forestal, básico para a transformación e progreso social e, por outra banda, a produción dunha economía sostible e integrada co noso entorno

No hay comentarios:
Publicar un comentario