27 mar. 2011

BIGESS ¿Ofrece traballo ou engana?



BIGESS é unha empresa dedicada a "formación" laboral vistas a atopar colocación. Non entramos a valorar a súa capacidade para tal, pero parecenos cando menos insultante a súa estratexia comercial, máis, nestes tempos onde atopar un traballo está sendo para moitos toda unha aventura. Reproducimos agora a carta que nos envía un afiliado neste sindicato e a nós parecenos que a súa denuncia pública, merece ser recollida por esta páxina.


"Compañeiros: Vos sabedes a situación na que nos ten sumidos o sistema actual. O Capital e os seus gobernos quítannos ata a última gota de sangue, nos fan recortes sociáis, reformas laboráis etc. E para máis vergoña , aparecen empresas que queren aproveitarse da nosa situación desesperada, de paro e de crise para ofertarnos traballo, traballo público, de funcionario, con supostas seleccións.

Estos días na "Voz de Galicia" e na sección de busqueda de emprego, aparece un anuncio de selección de peóns de mantemento para o Concello de Miño. Aparece un telefono onde chamo e convocanme para unha entrevista na Coruña. Ao parecer o posto non vai por oposición senon por un exame que ten un temario de Cultura Xeral etc. Despois de venderme o fantástico posto de traballo (horario de 8 a 15 horas, soldos por riba dos 1300 euros, estabilidade no posto ata os 65 anos ...), a charla remata cun " o prezo son 1.490 euros, e damosche facilidades de pago con un interés moi bó".

¿pero que tomadura de pelo é todo isto? -Vós non vos anunciades como unha académia, senon como ofertantes de emprego - ¿Como non se me dixo esto na miña chamada?.

¿Cómo se poden aproveitar así da xente que pola nosa desesperación aferrámonos a un cravo ardendo para poder acceder ao mercado laboral?

Compañeiros, denunciade esta empresa, para que outras persoas de Betanzos, que están na miña situación, non perdan o tempo, nen os cartos, nen pasen a vergoña de estas ratas que se fan chamar empresas......."


BIGESS está situada nunha oficina no 2ª andar da Torre de Cristal de Matogrande (A Coruña).

1 comentario:

MrDeljardin dijo...

Bigess es un TIMO: te clavan un mínimo de 1600 euros por prepararte para unas oposiciones con la entrega de un material de estudio sacado íntegramente de internet y con unas tutorías de menos de 1 hora a la semana en las que una secretaria te da unos tests para hacer