
Pois nada, nada de facer comedores populares, nada de paliar as necesidades máis básicas. Aquí o importánte son as liortas entre politicos aburridos e aburguesados, e por riba van e fan unha ordenanza de limpeza onde entre outras "perlitas" vaise sancionar a quen rebusque no lixo. E que pensarán que rebuscan as familias no lixo ¿ ouro, armas, lecturas indecentes? ¿Non será que andan a recoller a comida que outros tiran?
Non teñen máis que pasear unha mañan ben cedo, ou unha noite ao peche dos nosos Lidl,Gadis, Días, ou Eroskis para ver que cada día son máis. E claro queda feo. Aos probes igual que co lixo, mellor escondelos. En Betanzos, festas as que queirades, pero politica social, nada de nada.
¿E pedirán o noso voto? Ja.
No hay comentarios:
Publicar un comentario