13 abr. 2011

Solidariedade coa Casa das Atochas


Esta mañan, a casa das atochas de A Coruña foi desaloxada.

Un lugar onde nestes tres últimos anos tiveron lugar moitísimas actividades, entra elas, unha xornada de apoio económico ao noso sindicato de Betanzos.


Este Sábado 16 ás 18 horas no Campo da leña queda convocada unha manifestación.


Reproducimos aquí o texto íntegro que nos envían.


1.Por qué okupamos? Por falta de espazo onde desenvolver as nosas inquedanzas sociais, culturais e políticas, as que precisamos como seres humáns, o que evidencia o nulo interese dos organismos gubernamentais no desenrolo individual e colectivo de tod@s nós.

.

2.Dereito a unha vivenda digna. Nin somos legalistas nin constitucionalistas mais a posibilidade de acceso a unha vivenda digna é un dereito abertamente proclamado polo pobo. Nesta cidade existen en torno a 20.000 casas baleiras en estado de abandono e a espera de ser pasto da especulación económica en beneficio d@s poderos@s. Parécenos incrible que se protexa e exalte o dereito de acumular 18 edificios frente á okupación e recuperación dunha soa casa abandonada.

.

3.Por qué okupamos unha propiedade de Pérez Paz, S.L.? Antes de nada queremos desmentir a información vertida por estes individuos na prensa simulando ser unha pequena empresa familiar. A citada empresa ten e tivo varios procedementos xudiciais abertos por delitos urbanísticos na cidade, especialmente activa nos barrios das Atochas e Monte Alto. Aí son coñecidas as súas estratexas de mobbing inmobiliario para conseguir botar a rúa as persoas con menos recursos e máis desprotexidas (anciáns, enferm@s, etc.) e así poder especular tranquilamente coas súas vivendas, ademais dos derrubos ilegais, desplome de grúas, etc. De ahí ven o pseudónimo ?el Rata? co que a xente dos barrios das Atochas e Monte Alto o bautizou, moito antes por certo de que @s okupas chegásemos.

.

4.Política urbanística/deshumanización dos barrios. Parece mentira que aínda podamos acreditar nas mentiras do Concello, e demais sectores interesados, sobre a estratexia do ?urbanismo social? e como propicia o desenvolvemento da vida das persoas na cidade. Onde a realidade é que non existe máis política que o enriquecemento persoal de varias familias (véxase a operación Marineda City) que dende hai tempo se reparten as porcións do pastel. Enténdase, por exemplo, Construcciones Ángel Jove, presuntamente vinculada co narcotráfico na Galiza dos anos 80. .

.

5.Alternativa social/alternativa política. Nós creemos profundamente na creación de alternativas socio-políticas dende abaixo, onde @s verdadeir@s protagonistas das nosas decisión sexamos nós mesm@s, mediante a autoxestión dunha asamblea horizontal, sendo así don@s das nosas vidas e futuro.

.

6.Contracultura/ocio. Durante os tres últimos anos un sinfín de actividades culturais se teñen celebrado no centro social de xeito gratuíto. Sacando as cores aos políticos de turno que ao longo da historia da cidade non mostraron o máis mínimo interese en potenciar o libre crecemento cultural de nen@s, xoves e anciáns, e que pola contra fixeron e fan fincapé en crear un modelo de cidadán e cidadana pasiv@, aburrid@, frustrad@ e predecible.

.

7.Crise económica/burbulla inmobiliaria. Non o decimos só nós. A actual crise financieira débese a especulación salvaxe a mans de empresas construtoras e inmobiliarias, que propiciaron a burbulla macroeconómica que non tardaría en estoupar, como finalmente foi. Onde a Banca, consciente desta situación, non só non fixo nada, senón que foi consentida con total alevosía para enriquecerse a costa nosa. E agora cando isto non da máis de si, somos nós que temos que rescatar aos culpables da crise con recortes sociais, despedimentos en masa e un longo etcétera auspiciado por Europa.

.

8.Medios de comunicación/Manifestación do 11D. Máis unha vez se pon en evidencia a conducta do chamado ?4º poder? que, en nome do Estado, pode condicionar ao seu favor o pensamento crítico, baixo a apariencia de veracidade e da libre información. Parécenos increíble que dous meses despois da manifestación convocada pola Casa das Atochas sigan repetindo, cal mantra tibetano, o que non fixemos, transcurrindo a marcha con total normalidade, incluíndo nesta as pintadas e o deterioro dunha sede bancaria, exponente máximo e símbolo da pésima situación económica que nos rodea.

.

9.Estado de benestar/despilfarro. Temos que facer autocrítica. Sen isto será imposible restablecer e encauzar esta sociedade e o modelo económico. Durante os últimos vinte anos, vivimos por enriba das nosas posibilidades, alentad@s polos ideales neoliberais da globalización e o libre mercado. Non se podía soster nin un minuto máis tanto despilfarro: dous o máis coches por familia, o apartamento no centro da cidade, a casa na praia ou o colexio de pago d@s cativ@s. Esquecimos que @ máis ric@ é @ que menos precisa e creímos no modelo importado do ?soño americano?, creándonos a necesidade de vivir por enriba das nosas posibilidades e por enriba d@s nos@s semellantes.

.

10.Unión, acción, autoxestión! Cremos nun mundo onde a xestión dos recursos sexa equitativa, sendo tod@s nós parte de todo, en simbiose co noso entorno e en relación con outros modelos de autoxestión, entendendo que na diferenza reside o perfeito modelo de convivencia. Agardamos, sinceiramente, aclarar deste xeito algunha das dúbidas que puidesen xurdir sobre o noso xeito de vivir, animando a quen o desexe a coñecernos e participar, porque aínda que pareza que todo rematou, isto non é máis co principio.

.

Atte. CSO Casa das Atochas. .

¡¡Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito.!!

No hay comentarios: