30 ago 2011

A Sala Nasa... De acusadora a acusada.


Aparece unha noticia na "Voz de Galicia" onde a popular sala Nasa compostelana é acusada de non indemnizar un despido.


A Sala Nasa era unha sala de concertos e teatro xestionada pola flor e nata dos “progres” compostelanos, que pechou a comezos do verán deixando na rúa a nove traballadores e traballadoras.
Agora néganse a pagar o que lles adebedan, é dicir, as vacacións, os finiquitos e as diferencias salariais co convenio colectivo, posto que a contratación fraudulenta e os incumprimentos laborais eran prácticas habituais por parte da "progresía" intelectual que rexentaba a Sala Nasa.
Iniciamos o conflito dende o sindicato de Compostela despois de que a parte empresarial da Sala Nasa se negara a alcanzar un acordo de calquera tipo. Dende a CNT tomaranse as medidas que se consideren necesarias para que a parte empresarial salde as súas débedas.


No hay comentarios: