27 sept 2011

Ferrol: 29S A CNT na rúa



O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol convoca unha concentración o vindeiro xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na praza de Armas, baixo o lema "A loita está na rúa: cara á folga xeral".
Un ano despois da folga xeral do 29 de setembro de 2010, a clase traballadora continúa a padecer novas e gravísimas agresións, polo que consideramos que tamén continúa sendo necesaria unha resposta organizada da clase traballadora. Se as obreiras e os obreiros non son quen de facer efectiva a súa protesta, van continuar as políticas de recortes e a perda de dereitos, artellada conxuntamente por gobernos e institucións europeas, que cada vez máis están ao servizo da patronal e dos mercados.
Este sindicato chama á participación da clase traballadora nesta concentración, que quere ser o inicio dun ciclo de mobilizacións que remate cunha folga xeral contra as políticas antisociais e antiobreiras que levamos padecendo dende hai moitos anos. Chamamos ás traballadoras e traballadores, en activo ou en paro, aos estudantes, ás persoas afectadas polos recortes sociais, aos movimientos sociais e quenes dende as asambleas en prazas e barrios comparten a necesidade de camiñar cara a unha folga xeral, a facer súa e participar nesta convocatoria do 29 de setembro. Noutras localidades do estado haberá tamén concentracións e manifestacións con este motivo, organizadas polos sindicatos Confederación General del Trabajo (CGT), Confederación Nacional del Trabajo (CNT), CO.BAS, Coordinadora Sindicalismo de Clase (CSC) e Solidaridad Obrera (SO), pois a intención desta mobilización é dar lugar a un proceso de organización da resposta popular contra as políticas antisociais.

1 comentario:

José Antonio Rodriguez dijo...

C.G.T. correos a coruña convoca una concentración enfrente al edificio de correos de Ferrol a las 18h del 29 de septiembre en a pollo al compañero despedido de Fene .