2 oct 2011

29-S Foi o primeiro paso


La lucha está en la calle. Cadena humana (ZGZ) from Social Art Producciones on Vimeo.



O pasado 29 de Setembro, en perto de 50 vilas de todo o estado tiveron lugar actos de concienciación cara a unha folga xeral en España. Concentracións, manifestacións ou cadeas coma a que estamos a mostrar no video (en Zaragoza), son un exemplo de que a CNT pode e debe estar na rúa. Sabemos perfectamente que polo noso tamaño non somos quen de paralizar o país. Tampouco podemos facelo aínda que traballemos xunto a outras Organizacións igualmente pequenas coma nós. Pero ese é o camiño. Non hai outro. Ficar esperando a que señan as grandes corporacións sindicáis as que dean un paso, xa sabemos o que significa.

No ultimo Pleno Rexional da CNT Galaica aprobamos iniciar en Galicia tamén, os primeiros contactos coas centrais sindicáis CIG, CUT, CGT e COG, a fín de promover na nosa terra, movilizacións unitarias que lles fagan ver aos diferentes gobernos  que a súa politica de recortes sen límite, vai ter resposta, ao tempo que denunciamos a actitude servil dos sindicatos oficiáis, máis preocupados pola defensa do seus intereses particulares que na defensa dos dereitos dos traballadores.

Haberá moitos 29S. Decía Errico Malatesta, que "sabemos que moitos nos traicionarán, pero que a máis grande traición e a que nos faremos nós mesmos se nada facemos. ". Non é tempo de quedar na casa.

No hay comentarios: