20 oct 2011

Xornadas Libertarias

No día de Hoxe recibimos tres novas de tres lugares diferentes da Galiza. Todas elas fan referencia a xornadas, charlas ou conferencias. E como de todas elas queremos facernos eco, aquí van para que todos, amigos lectores estedes ben informados da actividade libertaria da nosa terra.

 En A Coruña, o Mércores 26 e ás 20 horas, Julio Reyero nos falará da Historia Criminal do Cristianismo, conferencia que valeulle unha querella realizada polo Arzebispado de Toledo, finalmente arquivada. Esta Conferencia será no local dos nosos compañeiros da CNT herculina na rúa Washington 36 (detrás da casa do Home). Os asistentes poderán admirar a magnifica Biblioteca deste sindicato. 

En Compostela, un ano máis, e van XIX, toda unha semaniña de Xornadas Libertarias: Entre o 24 e o 28 deste mes e nos locáis da Confederación na Rúa García Prieto. Todo un exemplo de constancia e bon facer.



 En Ponteareas.... A partir do mes de novembro imos poñer en marcha unha nova iniciativa do Ateneo, Ponte Docu, que esperamos vos pareza interesante e vos animedes a participar con nós. A idea é proxectar, tódolos primeiros xoves de mes, documentais que, en principio, por resultar politicamente incorrectos ou por tratar temáticas en certo modo incómodas, non será posible ver nos medios de comunicación máis habituais. O lugar das proxeccións será no Enigma-Café Bar, na rúa Real, 27 de Ponteareas. Os temas procuraremos que sexan variados e diversos; de feito, gustaríanos que todos participedes pero non só como público, senón achegando ideas sobre temas ou títulos de documentais que vos pareza interesente proxectar. Podedes facernos chegar as vosas propostas a través do noso enderezo eléctronico. Ateneo Libertario Lume Negro
Nesta primeira entrega de inverno os docus escollidos son os seguintes: 
 * 3 de novembro: "A Tornallom" que trata sobre a loita da hora valenciana;
 * 1 de decembro: "El Norte", sobre un conflito eólico en Tehuantepec (Mexico). 
* 5 de xaneiro: "O monte é noso", que fala sobre distintas loitas en Galicia para recuperar os montes comunais;
 Máis información: http://lumenegro.blogspot.com/search/label/PonteDocu

No hay comentarios: