4 nov 2011

Comenzou a campaña electoral


De novo as rúas quedarán cheas de imaxes dos seus candidatos. Os noticiarios cheos das suas intervencións e promesas. Desta volta van ganar os conservadores. Outras veces tocoulle a quenda aos progresistas.
No ano do 15M, do "non nos representan", do "Chamanlle Democracia e non o é", imonos tragar agora todas as tonterías en 15 días do que non levan feito en 15 anos. Vai ser que non.

E vai unha curiosidade atopada na rede: O mapa do abstencionismo.


No hay comentarios: