22 nov 2011

Celta Prix cede


Foto: Militantes da CNT na sede central de Celta-Prix en Sada.


A actividade reivindicativa dos sindicatos da CNT, con concentracións en Cedeira e Sada e outras protestas, conseguiu que cesase a represión sindical na empresa Celta-Prix contra o secretario da sección sindical da CNT nesta empresa de recollida de lixo, en Cedeira. Despois de varias mobilizacións, a empresa decidiu retirar a sanción ao secretario da sección sindical no acto de conciliación, aceptando que a sanción que lle fora imposta era un acto de represión sindical.
En conversas coa CNT, a empresa Celta-Prix asumira xa a retirada do expediente ao secretario da sección sindical, o cumprimento do convenio no relativo aos temas de seguridade no traballo, así como a adaptación do posto de traballo ás condicións de saúde deste traballador.
A sección sindical da CNT en Celta-Prix e o Sindicato de Oficios Varios de Ferrol desexan agradecer aos sindicatos e militantes da CNT que participaron nas accións de protesta e a toda a xente que se solidarizou co compañeiro represaliado. Do mesmo xeito, continuamos a denunciar a deixación de funcións do delegado sindical da CIG en Celta-Prix de Cedeira, quen se abstivo de calquera actuación diante da represión sindical na empresa e dos incumprimentos do convenio, amosando novamente a inutilidade do sindicalismo subvencionado.
Unha vez máis, a actuación do sindicalismo de clase e independente amosou que a solidaridade é a máis útil ferramenta da clase traballadora.
Sección Sindical da CNT en Celta-Prix de Cedeira
Cedeira, 15 de novembro de 2011

No hay comentarios: