5 nov 2011

Conflicto con Thyssenkrupp


A empresa Thyssenkrupp Elevadores iniciou hai xa tempo, unha política de acoso aos traballadores. Esta política concretase na acumulación de sancións con diversas excusas. Entre elas está a de non rendir o suficiente por  non cumprir os tempos de intervención que a empresa mesma ten reducido. Entendemos que esta política non é máis que o primeiro paso, dunha situación que vai a ir irremediablemente empeorando, e que busca o despedimento dos traballadores.

É neste contexto, onde o noso compañeiro Juan, xunto con outros, foi sancionado.

Os traballadores decidiron iniciar unha campaña de movilizacións para que as sancións sexan retiradas. Nesta campaña a CNT vai participar en defensa do seu afiliado e do resto dos traballadores sancionados. O Comité de Empresa de Thyssenkrupp Elevadores e os sindicatos UGT e CIG, apoian dita campaña de movilizacións.

O Vindeiro Luns 7 de Novembro, realizarase unha concentración ás 19 horas en Joaquin Planells (Rotonda da Grela) onde esta empresa ten a súa oficina central en A Coruña.



Nota: Os compañeiros da CNT de A Coruña saíran media hora antes desde o Instituto da Sardiñeira, nas proximidades da Rotonda, e onde pensase será maís doado aparcar.

No hay comentarios: