29 ene. 2012

Celabrada a primeira charla do Ciclo "A Cara oculta da crise"


Con grande afluencia de público, a CNT de Betanzos ven de realizar a primeira das charlas "O cenit do Petroleo" do ciclo que baixo o nome de "A cara oculta da crise" vanse celebrar nos próximos meses nesta vila.

Xoan Doldan, economista e experto nas relacións das enerxías coa economía, explicounos con detalle, o estado actual da explotación e consumo do petroleo no mundo, e das máis que posibles consecuencias que van ter na economía mundial a perda da capacidade do uso da fonte máis importante actual, como é o petroleo,na industria e sobre todo no transporte.

Nas preguntas fináis feitas polo público asistente, quedou demostrado, que no sistema capitalista actual non hai posibilidade de solución, ainda intentando modificar as enerxías actuáis por outras alternativas, e que precisamos de profundos cambios políticos se queremos evitar un colapso de fontes de enerxía que vai deixar ainda máis empobrecidos a importantes partes da poboación.

Desde a CNT de Betanzos agradecemos enormemente a presencia de Xoan Doldán entre nós. Tanto na conferencia onde demostrou a súa capacidade comunicativa, como no trato máis persoal, deixounos a todos moi satisfeitos e agardamos poder contar con él en novas ocasións.

No hay comentarios: