Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.
Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".
A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia.Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario