Ante o escenario creado pola derradeira reforma laboral da patronal e do goberno, a CNT-Galiza convoca Folga Xeral para o dia 29 de Marzo, xunto ás centrais sindicais CIG, CGT e CUT; e coincidindo coa folga xeral en Euskal Herria.
Animamos á clase traballadora a non asistir aos seus postos de traballo ese día, e a participar dos piquetes e mobilizacións que se realicen, tanto os días previos como o día 29.
A convocatoria de folga formalizarase na Consellería de Traballo a vindeira semana, conxuntamente coas demais centrais.
O patrón só entende unha linguaxe: Boicot, Folga e Sabotaxe.
É hora de loitar.
Sen subvencións, sen liberad@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario